Contactos
© 2008 Nokia. Todos os dereitos reservados.
19
Nota: É posible que a factura das chamadas e servizos do seu fornecedor de
servizos varíe, dependendo das funcións de rede, do redondeo da facturación, dos
impostos, etc.
9. Configuración
Perfís
O seu teléfono ten varios grupos de configuracións chamados perfís, que poden
personalizarse con tons de chamada para diferentes eventos e ambientes.
Seleccione Menú > Axustes > Perfís, o perfil desexado e unha das seguintes opcións:
● Activar — para activar o perfil seleccionado
● Personalizar — para cambiar as opcións do perfil
● Temporizado — para configurar un perfil que estea activo durante un certo tempo.
Cando acaba o tempo establecido para o perfil, actívase o perfil anterior que non
caducou.
Tons
É posible cambiar a configuración de ton do perfil activo seleccionado.
Seleccione Menú > Axustes > Tons. Pode atopar os mesmos axustes no menú
Perfís.
Se selecciona o nivel de ton de chamada máis elevado, este alcanzará o seu nivel máis
alto despois de varios segundos.
Visualizador
Para ver ou axustar o fondo de pantalla, o tamaño de letra ou outras características
relacionadas coa pantalla do teléfono, seleccione Menú > Axustes > Pantalla.
Hora e data
Seleccione Menú > Axustes > Data e hora.
Para axustar a data e a hora, seleccione Axustes data e hora.
Para axustar os formatos da data e da hora, seleccione Formato data e hora.
Para actualizar a hora e a data automaticamente segundo a actual zona horaria,
seleccione Actualización autom. (servizo de rede).
Atallos
Grazas aos atallos persoais, pode acceder rapidamente ás funcións que emprega con
máis frecuencia. Seleccione Menú > Axustes > Os meus acc. dir..