
Extraer a tarxeta microSD
Importante: Non retire a tarxeta de memoria durante unha operación na que
se estea accedendo á mesma, xa que, do contrario, poderíase danar a tarxeta de
memoria, o dispositivo e os datos almacenados na tarxeta.
Pode extraer ou colocar de novo a tarxeta de memoria co teléfono aceso sen necesidade
de apagalo.
1. Comprobe que ningunha aplicación está a acceder á tarxeta de memoria.
2. Abra a tapa da rañura da tarxeta de memoria.
3. Prema lixeiramente a tarxeta de memoria para liberala e retírea.
4. Peche a tapa da rañura da tarxeta de memoria.