Nokia 5130 XpressMusic - Aplicacións executándose en segundo plano

background image

Aplicacións executándose en segundo plano

Deixar aplicacións executándose en segundo plano aumenta o consumo de enerxía e

reduce a duración da batería.

Primeiros pasos

© 2008 Nokia. Todos os dereitos reservados.

13

background image

3. Chamadas

Facer e responder unha chamada

Para facer unha chamada, introduza o número de teléfono, incluíndo o prefixo do país

e o da zona, se fose necesario, e prema a tecla de chamada. Para axustar o volume dos

auriculares durante a chamada de teléfono, prema as teclas de volume.
Para responder a unha chamada entrante, prema a tecla de chamada. Para rexeitar a

chamada sen responder, prema a tecla de fin.

Altofalante

Se está dispoñible, pode seleccionar Altofalan. ou Teléfono para usar o altofalante ou

os auriculares do teléfono durante a chamada.

Aviso: Non suxeite o dispositivo preto do seu oído co altofalante activado, xa

que o son podería emitirse a un nivel de volume extremadamente elevado.

Atallos de marcación

Para asignar un número de teléfono á unha das teclas numéricas, de 2 a 9, seleccione

Menú > Guía > Marcac. rápidas, desprácese ata un número desexado e seleccione

Asignar. Insira o número de teléfono desexado ou seleccione Buscar e garde o contacto.
Para activar a función de marcación rápida, seleccione Menú > Axustes >

Chamadas > Marcación rápida > Activado.
Para facer unha chamada usando a marcación rápida, no modo de espera, manteña

premida a tecla do número que desexe.

4. Escribir texto

Modos de texto

Para inserir un texto (por exemplo, ao escribir unha mensaxe) pode utilizar a inserción

de texto tradicional ou preditiva.
Cando escribe texto, seleccione e manteña premido Opcións para cambiar entre

inserción de texto tradicional, indicado por

, e a entrada de texto preditivo, indicada

por

. O texto preditivo non funciona con tódalas linguas.

Os cadros de caracter están indicados por

, , e

.

Para cambiar o cadro de carácter, prema #. Para cambiar do modo texto ao modo

numérico, indicado por

, prema e manteña premido #, e seleccione Modo

numérico. Para cambiar do modo número ao modo letra, prema a manteña premido

#.