Nokia 5130 XpressMusic - Configuración da mensaxe

background image

Configuración da mensaxe

Seleccione Menú > Mensaxes > Axustes mensaxe para configurar as características

das mensaxes.

Mensaxes

© 2008 Nokia. Todos os dereitos reservados.

18

background image

Axustes xerais — para configurar o seu teléfono para gardar as mensaxes enviadas,

permitir sobrescribir mensaxes antigas se a memoria para mensaxes está chea e

configurar outras preferencias relacionadas coas mensaxes.

Mensaxes de texto — para activar informes de entrega, configurar centros de

mensaxes para SMS e SMS e-mail, seleccionar o tipo de admisión de caracteres e

configurar outras preferencias relacionadas coas mensaxes de texto

Mens. multim. — para activar informes de entrega, configurar a apariencia das

mensaxes multimedia, permitir a recepción de mensaxes multimedia e anuncios e

configurar outras preferencias relacionadas coas mensaxes multimedia

Mensaxes de correo — para permitir a recepción de correo electrónico, para axustar

o tamaño da imaxe nun correo electrónico e para configurar outras preferencias

relacionadas co correo electrónico

7. Contactos

Seleccione Menú > Guía.
Pode gardar os nomes e números de teléfono na memoria do teléfono ou na tarxeta

SIM. Na memoria do teléfono pode gardar contactos con números e elementos de texto.

Os nomes e números gardados na memoria da tarxeta SIM indícanse por medio de

.

Para engadir un contacto, seleccione Nomes > Opcións > Engad. novo contac.. Para

engadir información a un contacto, asegúrese de que a memoria que se está a utilizar

estea en Teléfono ou Teléfono e SIM. Seleccione Nomes, desprácese ata o nome e

seleccione Detalles > Opcións > Engadir detalle.
Para buscar un contacto, seleccione Nomes, e desprácese pola lista de contactos ou

insira as primeiras letras do nome.
Para copiar contactos entre a memoria do teléfono e da tarxeta SIM, seleccione

Nomes, desprácese ata o contacto que desexe e seleccione Opcións > Copiar

contacto. Na memoria da tarxeta SIM, só pode gardar un número de teléfono de cada

vez.
Para seleccionar a memoria do teléfono ou a da tarxeta SIM, seleccione o xeito no que

desexe que se amosen os nomes e os números nos contactos e para ver a capacidade

de memoria destes, seleccione Axustes.
Pode enviar e recibir información de contacto de calquera persoa como unha tarxeta

de visita dun dispositivo compatible con vCard estándar. Para enviar unha tarxeta de

visita, seleccione Nomes, busque o contacto cuxa información desexe enviar e

seleccione Detalles > Opcións > Enviar tarxeta visita.

8. Rexistro de chamadas

Para ver información das súas chamadas, mensaxes, datos e sincronización, seleccione

Menú > Rexistro e das opcións dispoñibles.