Configuración da mensaxe
Seleccione Menú > Mensaxes > Axustes mensaxe para configurar as características
das mensaxes.
Mensaxes
© 2008 Nokia. Todos os dereitos reservados.
18
● Axustes xerais — para configurar o seu teléfono para gardar as mensaxes enviadas,
permitir sobrescribir mensaxes antigas se a memoria para mensaxes está chea e
configurar outras preferencias relacionadas coas mensaxes.
● Mensaxes de texto — para activar informes de entrega, configurar centros de
mensaxes para SMS e SMS e-mail, seleccionar o tipo de admisión de caracteres e
configurar outras preferencias relacionadas coas mensaxes de texto
● Mens. multim. — para activar informes de entrega, configurar a apariencia das
mensaxes multimedia, permitir a recepción de mensaxes multimedia e anuncios e
configurar outras preferencias relacionadas coas mensaxes multimedia
● Mensaxes de correo — para permitir a recepción de correo electrónico, para axustar
o tamaño da imaxe nun correo electrónico e para configurar outras preferencias
relacionadas co correo electrónico
7. Contactos
Seleccione Menú > Guía.
Pode gardar os nomes e números de teléfono na memoria do teléfono ou na tarxeta
SIM. Na memoria do teléfono pode gardar contactos con números e elementos de texto.
Os nomes e números gardados na memoria da tarxeta SIM indícanse por medio de
.
Para engadir un contacto, seleccione Nomes > Opcións > Engad. novo contac.. Para
engadir información a un contacto, asegúrese de que a memoria que se está a utilizar
estea en Teléfono ou Teléfono e SIM. Seleccione Nomes, desprácese ata o nome e
seleccione Detalles > Opcións > Engadir detalle.
Para buscar un contacto, seleccione Nomes, e desprácese pola lista de contactos ou
insira as primeiras letras do nome.
Para copiar contactos entre a memoria do teléfono e da tarxeta SIM, seleccione
Nomes, desprácese ata o contacto que desexe e seleccione Opcións > Copiar
contacto. Na memoria da tarxeta SIM, só pode gardar un número de teléfono de cada
vez.
Para seleccionar a memoria do teléfono ou a da tarxeta SIM, seleccione o xeito no que
desexe que se amosen os nomes e os números nos contactos e para ver a capacidade
de memoria destes, seleccione Axustes.
Pode enviar e recibir información de contacto de calquera persoa como unha tarxeta
de visita dun dispositivo compatible con vCard estándar. Para enviar unha tarxeta de
visita, seleccione Nomes, busque o contacto cuxa información desexe enviar e
seleccione Detalles > Opcións > Enviar tarxeta visita.
8. Rexistro de chamadas
Para ver información das súas chamadas, mensaxes, datos e sincronización, seleccione
Menú > Rexistro e das opcións dispoñibles.