Asistencia técnica de Nokia
Consulte www.nokia.com/support ou o sitio web local de Nokia para obter a última
versión desta guía, información adicional, descargas e servizos relacionados co seu
produto Nokia.
Servizo de axustes da configuración
Descargue gratis axustes de configuración como MMS, GPRS, correo electrónico e outros
servizos para o seu modelo de teléfono en www.nokia.com/support.
Servizos de Nokia Care
Se necesita poñerse en contacto cos servizos de Nokia Care, consulte a
lista de centros locais de contacto para atención de Nokia Care en
www.nokia.com/customerservice.
Mantemento
En relación cos servizos de mantemento, consulte o punto de atención de Nokia Care
máis próximo en www.nokia.com/repair.
2. Primeiros pasos
Instalar a tarxeta SIM e a batería
Apague sempre o dispositivo e desconecte o cargador antes de extraer a batería.
A tarxeta SIM e os seus contactos poderían danarse facilmente se a tarxeta se raia ou se
dobra, polo que debe ter coidado cando manipule, insira ou extraia a tarxeta.
1. Prema e desprace a tapa posterior cara á parte baixa do teléfono e retírea (1).
2. Extraia a batería (2).
3. Insira a tarxeta SIM no receptáculo coa superficie de contacto cara abaixo (3).
4. Insira a batería (4) e coloque de novo a tapa posterior (5).
Extraer a tarxeta SIM