
Entorno operativo
O dispositivo cumpre coas directrices de exposición a radiofrecuencia cando se emprega
na posición normal de uso no oído ou cando se coloca polo menos a 2,2 centímetros
Información adicional de seguridade
© 2008 Nokia. Todos os dereitos reservados.
33

(7/8 polg.) do corpo. Se se utiliza unha funda de transporte, unha pinza para o cinto ou
un soporte para utilizar o produto pegado ó corpo, estes non deberán conter ningunha
peza de metal e deberá colocar o dispositivo á distancia indicada anteriormente.
Para transmitir ficheiros de datos ou mensaxes, o dispositivo require unha conexión de
calidade á rede. Nalgúns casos, a transmisión de ficheiros de datos ou mensaxes pode
retrasarse ata que estea dispoñible a conexión. Asegúrese de respectar as instrucións
sobre a distancia de separación indicadas anteriormente ata completar a transmisión.
Existen partes do dispositivo que son magnéticas. É posible que os materiais metálicos
sexan atraídos polo dispositivo. Non coloque tarxetas de crédito nin outros soportes de
almacenaxe magnéticos preto do dispositivo, xa que é posible que se elimine a
información almacenada neles.