Dispositivos médicos implantados
Os fabricantes de dispositivos médicos recomendan manter unha separación mínima
de 15,3 centímetros entre o dispositivo inalámbrico e os dispositivos médicos
implantados, coma os marcapasos ou os desfibriladores cardioversores implantados,
para evitar posibles interferencias co dispositivo médico. As persoas que dispoñan dos
mencionados dispositivos deberán:
● Manter sempre o dispositivo inalámbrico a unha distancia de 15,3 centímetros do
dispositivo médico cando o dispositivo inalámbrico se atope acendido.
● Non transportar o dispositivo inalámbrico no peto da camisa.
● Utilizar o dispositivo inalámbrico no oído situado no lado contrario ó dispositivo
médico para minimizar as posibles interferencias.
● Apagar o dispositivo inalámbrico inmediatamente se sospeita que se producen
interferencias.
● Lea e respecte as instrucións do fabricante do dispositivo médico implantado.
Se dispón dalgunha pregunta acerca da utilización do dispositivo inalámbrico cun
dispositivo médico implantado, póñase en contacto co seu médico.
Información adicional de seguridade
© 2008 Nokia. Todos os dereitos reservados.
34