co seu fornecedor de servizos.
Para ver os cartafoles, seleccione Menú > Galería.
12. Medios
Cámara e vídeo
O dispositivo admite unha resolución de captura de imaxes de 1.600 x 1.200 píxeles.
Capturar unha imaxe
Para usar a función de imaxe fixa, seleccione Menú > Multimedia > Cámara, ou se
a función de vídeo está activada, desprácese á esquerda ou á dereita. Para capturar
unha imaxe, seleccione Capturar.
Para achegar ou afastar no modo cámara, desprácese arriba ou abaixo.
Para activar o disparador automático ou capturar imaxes sucesivas rapidamente,
seleccione Opcións e a opción que desexe.
Para axustar o modo de vista previa e a hora, seleccione Opcións > Axustes > Hora
vista prev. imx..
Gravar un videoclip
Para usar a función de vídeo, seleccione Menú > Multimedia > Vídeo. Para comezar
a gravación de vídeo, seleccione Gravar.
Pode gravar utilizando unha calidade de vídeo inferior para obter un maior tempo de
gravación. Para cambiar os axustes da calidade e axustar a duración máxima do