
Paquetes de datos
O servizo xeral de paquetes de radio (GPRS) é un servizo de rede que permite aos
teléfonos móbiles enviar e recibir datos pola rede baseándose no protocolo IP de
internet.
Para definir cómo empregar o servizo, seleccione Menú > Axustes >
Conectividade > Paquetes de datos > Conex. paq. datos e escolla entre as
seguintes opcións:
● Se cómpre — para establecer a conexión de paquetes de datos cando unha
aplicación o necesite. Cando a aplicación remata, péchase a conexión.
● Sempre en liña — para conectarse automaticamente a unha rede de paquetes de
datos ao acender o teléfono
Pode usar o teléfono como un módem conectándoo a un ordenador compatible
mediante a tecnoloxía Bluetooth. Para obter máis detalles, consulte a documentación
de Nokia PC Suite.