Coidado e mantemento
© 2008 Nokia. Todos os dereitos reservados.
32
● Non pinte o dispositivo. A pintura pode atascar as pezas móbiles e impedir o
funcionamento axeitado.
● Utilice unicamente a antena de reposto fornecida ou unha autorizada polo
fabricante. A utilización de antenas, modificacións ou accesorios non autorizados
pode danar o dispositivo e infrinxir a lexislación que regula o uso de dispositivos de
radio.
● Utilice os cargadores en lugares interiores.
● Cree sempre unha copia de seguridade dos datos que desexe manter, coma os
contactos e as notas do calendario.
● Para reiniciar o dispositivo de vez en cando para obter un rendemento óptimo,
apágueo e retire a batería.
Estas suxestións aplícanse igualmente ao dispositivo, á batería, ao cargador ou a
calquera accesorio. Se o dispositivo non funciona correctamente, envíeo ao centro de
servizo técnico autorizado máis próximo.